Monday 13 de May de 2024

Entrega de diplomas no segundo taller de cociña de Nadal e no curso de arte floral


Na noite de onte remataron o segundo dos obradoiros de cociña e repostería de Nadal e o curso de arte floral e decoración de Nadal nas aulas formativas da rúa Cristóbal Colón. O alcalde de Riveira acudiu para entregar os diplomas de Nadal aos seus participantes: 25 en cada unha das accións.

Carmen Vidal e Maribel Losada foron as profesoras respectivas, que tamén recibiron cadanseu diploma.